fbpx
Mileth

Mileth + Dioivo

Inicio  /  Eventos  /  Conciertos  /  Página actual

Presentación “Catro Pregarias no Albor da Lúa Morta” de Mileth + Artista invitado


Integrantes :Dana da Carballeira -Voz, coros. Marcos do Relicario -Voces guturais, cantos e coros, bouzouki, zanfona, percusión. Xacobe do Seixo Branco: guitarras, acústicas, voces guturais, coros. Xurxo dos Corvais -Guitarra. Cristian da Limia -Baixo, bouzouki. Elías do Eido do Clariño -Violín, coros, percusión tradicional. Adrián Moa -Batería (directos).

Mileth é un grupo que practica Metal Pagán Galaico, ou o que vén sendo o mesmo, unha mestura entre metal extremo,folk e música tradicional galega.Neste 2019 presentan esta particular fusión no seu primeiro disco: Catro pregarias no albor da Lúa Morta, editado a través do selo ruso Sound Age Productions e do nacional Darkwoods. Mais a xénese destes Fillos de Mil remóntase ao ano 2009 na Mariña Lucense, terra de onde emerxe a súa lírica enraizada nos místicos paisaxes do Val do Xistral.Ao longo desta década Mileth deixa rexistradas varias demos: Cancioneiro da enxebre escuridade (2012), Mitolóxica errante: …e na novena onda caeron os deuses (2014)e Daqueles vellos ósos onde morre a vida(2016), editada polo selo Darkwoods xunto co resto de demos gravadas ata a data. Esta recompilación preséntase nunha edición especial baixo o nome Recolleita dos demos que han de ser esquecidos. Con estas maquetas obteñen unha boa acollida dentro do panorama underground nacional chegando a compartir escenario con bandas internacionais tan destacadas coma Negurâ Bunget, Månegarm ou Skyforger e mesmo a participar en festivais xunto a Skyclad, Rotting Christ, Cruachan ou Hell.Tras anos de traballo publican Catro pregarias no albor da Lúa Morta , un paso firme na súa teimade buscar unha fusión orgánica á par que persoal destes dous mundos, e para o que contaron coa colaboración na gravación de músicos de recoñecido prestixio dentro do panorama folk do país (Son de Seu, Quempallou, Rodrigo Romaní Trío…), dando lugar a pasaxes onde as pandeiretas, os violíns, as arpas ou os leghóns alternan con voces gusturais e guitarras distorsionadas. Un traballo que está a levar por pequenos recunchos do mundo o noso idioma e a nosa tradición máis arcana recreada a través dunha viaxe espiritual inspirada nun vello rito galaico de adoración á Lúa. Historias que retornan ao presente as tradicións e os mitos que aínda perduran no profundo da cultura e do cotiá galego.


  • Detalle
  • Imágenes
  • Etiquetas
  • Más