fbpx

Vudú

Inicio  /  Eventos  /  Conciertos  /  Página actual

XIRA EU SON VUDÚ 

SOULK GALEGO

Vudú son Belém Tajes –voces e teclado- e Maritxinha –baixo e loops-. No ano 2016, a banda faise co premio á mellor canción en Galego por ‘Eu son VooDoo’ no certame Musica Xove e ao ano seguinte, acadan o Premio Martín Códax da Música galega na categoría Blues/Funk/Soul. Deste xeito conseguen consolidarse no seu estilo, íntimo e elegante, e comezan a explorar novos formatos en directo até chegar á proposta que as define na actualidade: música íntima e elegante para ‘grandespequenos’ momentos. 

 

Co seu primeiro disco editado, ‘Vudú Vol III’ combinan letras tradicionais que veñen directamente das súas avoas con ritmos pop, percusións electrónicas e tintes jazz e soul. Vudú é unha música de esencia feminina, chea de sensualidade que pretende reivindicar a forza dos cantos tradicionais de Galicia.

 

‘VUDÚ VOL. III’ O DISCO

Vudú Vol. III’ supón o peche dunha triloxía e o inicio dunha nova etapa. Con este traballo, Belém Tajes e Maritxinha preséntannos o seu primeiro disco longo editado, cheo de sons máis pop ca nunca, percusións electrónicas e os seus inconfundibles ritmos de jazz e soul.

 

Partindo de letras tradicionais, Vudú atrévese nesta ocasión tamén con ritmos cercanos aos anos cincuenta en temas como ‘Xa me dixo’, a versionar cancións populares como en ‘Unha noite na eira do trigo’ e ‘Eu chorar chorei’ e tamén a presentarnos propostas de composición propia coma o é ‘Lingua’, que xira arredor das linguas minorizadas.

 

Vudú Vol. III foi gravado en Drum&Roll (A Coruña) e El Observatorio Musical (Madrid). Conta con Nicolás Viéites na produción musical e con colaboradores e colaboradoras moi especiais como Adrián Seijas (Misterioso viaje a Holanda, Xoel López) nas percusións ou Nata Álvarez (Swingdigentes) ao saxofón.


  • Detalle
  • Imágenes
  • Etiquetas
  • Más