Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Fiesta Aniversario SalaSonica

21 noviembre @ 10:00 pm

21 NOVIEMBRE @ 10:00 PM

Mad Martin Trío & Sabela King &The heartbreakers

Mad Martin trío, “High Energy Rock-a-Billy”

Debutaron no 2014 con “It Was A Very Good Year”, despois veu “Seven Lucky Shots” (2014) e “Time To Go Mad” (2015), publicado en Escandinavia polo selo Sueco Vintjärn Records. «Eileen», incluido en “Time To Go Mad” foi escollido entre os 100 favoritos do ano no programa El Sótano de Radio3 de Diego R.J. No 2015 foron os gañadores, en Madrid, do concurso “Azkena Rock Party” entre un bó número de bandas e participando na edición do ARF de ese ano.
Dende entón non pararon de tocar por media Europa e toda a xeografía española.
Agora presentan o seu último traballo “Tornado” Un vinilo en 10” financiado cunha exitosa campaña de crowdfunding Producido por Mike Mariconda e grabado en Barcelona nos Estudios Sol de Sants .Nel poderás atopar temas propios e algunhas versións como “Tornado”, dos Jiants, que da título ó disco e que é unha das favoritas da banda.

Mad Martin trío son:
  • Martin Esturao, “ Mad Martin” (voz, guitarra)
  • Francisco Sieira Otero “Trilli” (batería, coros)
  • Miguel Martínez, “Mikelini” (contrabaixo, coros)
Discografía:
  • 2014 “It Was A Very Good Year” Digital EP
  • 2014 “Seven Lucky Shots” CD Molusco Discos
  • 2015 “Time To Go Mad” CD Vintjärn Records
  • 2017 “Tornado” 10” MiniLP Molusco Discos

Sabela King &The heartbreakers

O grupo nace como trío no 2015 con Sabela King na voz e ukelele, Ramon Figueira «Figui» nas armonicas e Benjamín Vázquez na guitarra. Estilísticamente móvense entre o blues, o country e o soul dos 50s 60s. No 2019 presentan o seu primeiro traballo que terá como nome o mesmo do grupo: Sabela King & The Heartbreakers. Composto por 10 temas: 6 de autoría propia e 4 versiòns que levan delicadamente ó seu terreo. Nesta nova etapa contan con 3 novos membros na banda: Diego Fdez. Novoa no baixo, Pablo Vázquez como segunda guitarra e Lucas Martínez na percusión Nos seus directos falan coidadosas percusións que van dende maracas, caixón flamenco e ata unha cabaza de auga, moi utilizada na música de raíz africana. Estas percusións fusionan perfectamente cas guitarras que xogan cas melodías da voz e das armónicas. Un delicado sexteto no que brillarán as letras e a música. Cabe destacar a súa participación no Festival Feito A Man, tamén no V Outono Códax Festival, ambos afincados en Santiago de Compostela, así como o Fisterra Blues Experience. Sabela King – Voz e ukelele Benjamín Vázquez – Guitarra e percusión Ramón Figui – Armónicas Pablo Vázquez – Guitarra Diego Fdez. Novoa – Baixo Lucas Martínez – Percusión

Detalles

Fecha:
21 noviembre
Hora:
10:00 pm
Categorías del Evento:
,

Local

salason
  • Para realizar la compra debes Iniciar sesión o Registraré

  • Visita Cangas :