Cargando Eventos

« Todos los Eventos

MOON CRESTA

7 noviembre @ 10:30 pm

7 NOVIEMBRE @ 10:30 PM

MOON CRESTA é o resultado de sumar o esforzo, destreza, creatividade e entrega de catro músicos baixo o emblema de “Power & Funk”.

Os piares de MOON CRESTA son Manu “Doble L” á guitarra, Manu Ares como baterista, David “Mr. D.” Vázquez á voz e teclados, e Antón F. “Piru” no baixo. A sinerxia existente entre eles é o argumento máis poderoso dos seus concertos nos que próximamente defenderán as cancións do seu inminente álbum “Civil Fuzz Brigade” (CD, LP, The Fish Factory – 2019) á vez que percorren o mellor dos seus anteriores traballos: «eROCKtile dysFUNKtion SOULutions» (CD+DVD, PAI edicións – 2006), «The Sparkling RadioStars & Their Lunatic Orcresta» (CD, Autoeditado, Leena & Teena Records – 2010), «Moonary» (CD – LP, Rock Estatal – 2016).​

MOON CRESTA ten acadado un recoñecmento e respaldo mediático avalado polas súas aparicións en espazos radiofónicos coma «Los conciertos de Radio 3», «180 grados», «Hoy empieza todo», “Turbo 3” de Radio 3; así coma unha importante difusión en Cadena 100, Cadena Ser, Radio Televisión Galega… A prensa escrita tamén adica á banda columnas de gabanzas que poden lerse en publicacións de referencia obrigada (Ruta 66, Rock Estatal, Rock Total…).

Sen embargo, a verdadeira esencia de MOON CRESTA só ten sentido sobre as táboas. O escenario é o seu hábitat, e nel viven, medran e desenvólvense, sendo aí onde debes desfrutar deles. ​

Isto só é parte do treito camiñado. O mellor é o que queda por percorrer. Durante a viaxe únicamente prometeremos que haberá: baile, suor e xúbilo.

Detalles

Fecha:
7 noviembre
Hora:
10:30 pm
Categoría del Evento:
Etiquetas del Evento:

Local

salason
  • Para realizar la compra debes Iniciar sesión o Registraré

  • Visita Cangas :