Cargando Eventos

« Todos los Eventos

ZENZAR

25 septiembre @ 10:30 PM

ZËNZAR, unha lenda do rock en galego

Zënzar, unha lenda do rock en galego nacidos “Da terra das sombras e da oscuridade…”, xa que así foi como comezou todo alá polo principio de outono na Meirama de 1987. Ben é certo que comezaron chamándose Mördor.

Son o grupo de rock en galego máis veterano e en activo, por iso cada ano que cumplen é unha celebración para os seus membros… e xa van alá os primeiros 25 , os cales  celebraron  no 2013 con diversos concertos e participando en numerosos festivais.

Hoxe en día, quen conta con Zënzar para o seu festival, sala, evento, etc., aposta sobre seguro, pola profundidade do repertorio, o son contundente e compacto e por saber estar enriba dun escenario, o cal levan facendo de dende que se xuntaron.

Nestes últimos anos, están levando a cabo unha evolución lenta pero segura, abríndose pouco a pouco a outros ritmos e colaboracións, pero sen perder nunca os seus sinais de identidade: rock en galego.

En  2012 lanzaron o seu sexto disco de estudo e sétimo traballo baixo o título de : «VAISE ARMAR». e no ano 2015 o oitavo: «Camiñando entre serpes» no 2013 a banda viuse sorprendida pola edición dún cd tributo a os seus 25 anos e baixo o título de «Vai polos Padriños»  18 bandas galegas versionearon temas dos Zënzar, polo que estarán eternamente agradecidos.

Tras A Tribu, que contou coas colaboracións de Xurxo Souto, Vituco Neira (Ruxe Ruxe), Mª Xosé Silvar (ex-Chámalle Xis e actualmente no seu proxectoXES), Pablo Dalama (ex-Xochilmica, Mamá Cabra), Gende Beat (o xefe do beat box galego) ou percusionistas comoManolo Suárez eDavid Bolaño e o gaiteiro José M. Ares, no 2012 editan o seu último traballo de estudo, Vaise Armarque conta con 13 pezas inéditas, que recollen a esencia do que é hoxe en día Zënzar; un grupo mais maduro musicalmente e máis aberto a sóns e ritmos que  empezaron a ter máis presenza nos dous albums anteriores de estudo,  un rock con moita forza e enerxía que se abre a temas máis persoais e íntimos. Ao igual que con A Tribu souperon rodearse de grandes amigos como Pablo Dalama (frauta e gaita), X.M. Ares (gaita), Loli Nogueira (voz), Mario «Invivo» (voz), Victor Neira «Ruxe Ruxe «(voz), Mou «Dios Ke Te Crew» (voz) e Javier Pardeiro “O Reverendo” (voz). no 2015 Zënzar presentpu o seu séptimo traballo de estudio chamado : «Camiñando entre serpes» , grabado nos estudios Escola da Rúa de Carballo o grupo busca un son mais directo grabando as bases rítmicas ao vivo. A grabación coma nos últimos discos está dirixida por Javier Abreu , contando como axudante técnico a Manolo Dourado. No disco consolídanse as colaboracións habituais de José M. Ares á gaita no tema Nada Que Perder e Xenderal á voz, que desta volta aporta unha letra a o disco que él mismo se encarga de cantar no tema Cousa pouco seria. Outras colaboracións destacadas son as de Xan de Ruxe aportando o saxo nos temas A Xente Fala e Sempre no corazón, Miguel Duarte á guitarra no tema Adios Amigos e Vituco de Ruxe aportando a voz a o tema Amei e á versión feita por Zënzar do tema de Koros y Danzas Así está millor, tema comprendido na homenxe feita a o seu guitarra e compositor Manuel Seixas.

Como adianto o grupo presentou o video CORTINA con texto do poeta galego Xosé M. Diaz Castro, recentemente homenaxeado nas Letras Galegas o cal está dispoñible en youtube ou entrando na web do gruppo: www.zenzar.info , un traballo de PACO GALLEGO coa axuda do propio vocalista do grupo Xosé Bocixa.

Tamén colaboran con un tema no disco de panxoliñas editado por Xonic Records en dec17: «Chingon Hell»

 

Discografía:

  • Mördor en Directo– 1990 (primeira gravación cando aínda se chamaban así)
  • Contos e lendas de terra adentro – 1992 (maqueta).
  • Fascinados polo prohibido – 1995 (maqueta).
  • Disparados ó futuro – 1997.
  • Todo vai ben – 2001.
  • Rockanrol – 2002.
  • Sigue… e dálle – 2006.
  • A «tribu» – 2009.
  • DVD Zënzar ao Vivo, Cerceda 09– 2011
  • Vaise Armar  – 2012
  • «Vai Polos Padriños»  Cd Tributo ós 25 anos de Zënzar . 2013
  • «Camiñando entre serpes»  cd 2015
  • «Benvidas ó futuro»  cd 2020

El 25 SEPTIEMBRE @ 10:30 PM ZENZAR visita SalaSon Cangas

 

 

 

 

 

Detalles

Fecha:
25 septiembre
Hora:
10:30 PM
Categorías del Evento:
,
Etiquetas del Evento:
,

Local

SalaSon
CALLE LIRIO, 30
CANGAS DO MORRAZO, Seleccionar 36940 España
+ Google Map
Teléfono:
661033655
Web:
www.salason.es

Organizador

SalaSon
Teléfono:
661033655
Correo electrónico:
salason@salason.es
Web:
www.salason.es